
Xa estamos ás portas do Samaín, unha festividade que para moitos é máis coñecida pola súa vertente estadounidense: Halloween. Sen embargo, trátase dunha festa orixinariamente europea e moi ligada a Galicia. O Samaín, que sempre se celebrou na noite do 31 de outubro ao 1 de novembro, era a festividade de orixe celta máis importante, e servía como celebración do final da tempada de colleitas. De feito, era o “aninovo celta”, a noite na que se pasaba dun ciclo anual a outro.
Sería moitísimo máis tarde, xa co cristianismo no ano 741 dC, cando o Papa Gregorio III cambiou a festa de Todos os santos para esta data, e no 840 dC cando Gregorio IV ordenou que se celebrara universalmente esta festa, ahora cristián, que acabaría fusionándose co Samaín nos países herdeiros da cultura celta, como o noso.
Hoxe ofrecémosvos unha selección de 6 contos infantís para o Samaín, todos eles os podedes atopar na nosa biblioteca:
- Indo para o Samaín / Carlos e Sabela Labraña ; ilustrado por Fernando L. Juárez. (Everest, 2002). Unha obra de teatro para primeiros lectores.
- O Samaín / Francisco Castro ; ilustracións de Jacobo Fernández. Galaxia, 2008. Un libro despregable con ilustracións da festividade, para primeiros lectores.
- A figueira de Pelostortos / texto de Ana G.ª Castellano, a partir do conto tradicional ; ilustracións de Mikel Mardones ; [da tradución do castelán, Antón Fortes]. (OQO 2009). Adaptación dun conto tradicional, con fermosas ilustracións.
- Corre corre cabaciña / Eva Mejuto, a partir dun conto tradicional portugués ; ilustracións de André Letria (OQO, 2006). Cabazas e perigos para unha ancián portuguesa.
- A noite de Samaín / guión e debuxos, Pepe Carreiro (Toxosoutos, 2005). Cómic dos Barbanzóns sobre a festividade celta.
- Escarlatina, a cociñeira defunta / Ledicia Costas ; ilustracións de Víctor Rivas. (Xerais, 2014). Román quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos.
Gústame esto:
Gústame Cargando...