Biblioteatro: Muiñada, de Galeatro

muinhadaA

Este xoves vai chover. ¡Pero temos sorte porque hai unha nova actuación teatral na biblioteca! Trátase de “Muiñada”, da compañía Galeatro, que estarán connosco este xoves 31 de maio ás 18:00 horas no auditorio, dentro do ciclo Biblioteatro.

Muiñada conta a historia de Sabela e Xacobe, que por un malentendido coa quenda se coinciden no muíño de auga do lugar. Ao decatarse que os dous non poderán moer ao mesmo tempo, comezan unha discusión na que o xogo, as lendas, a tradición e a música fan que os cativos e os que non o son tanto se acheguen a un edificio que foi fundamental para a Galicia: o muíño de auga.

Trátase dunha obra moi recomendable, con dirección de David González, texto de Ana Carreira e actuación de Tone Martínez e Alba Bermúdez. Está recomendada para rapazas e rapaces de 5 anos en adiante e a entrada, como sempre, é libre ata completar aforo.

 


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s