Curso de español para inmigrantes

cursoEspanol

Ao longo do 2019 a Biblioteca do Porriño desenvolve un amplo programa de actividades relacionadas coa “aprendizaxe permanente”. Trátase de accións formativas non académicas que teñen como obxectivo o desenvolvemento do cidadán no plano laboral, social e personal para afrontar as necesidades dun presente sempre cambiante.

As bibliotecas son integradoras, e contribúen á cohesión social. Un aspecto crucial neste sentido é a integración das persoas inmigrantes a través da aprendizaxe do idioma. As persoas adultas que veñen a vivir con nós non soen ter moitas oportunidades de aprendelo, xa que non acceden ao sistema educativo coma no caso dos pequenos. Así que desde a biblioteca levaremos a cabo un Curso de español para inmigrantes. Trátase dunha acción formativa para persoas inmigrantes, enfocado para a preparación do DELE A2 (Diploma de Español como Lingua Estranxeira) do Marco Común de Referencia para as Linguas (MCER) expedido polo Instituto Cervantes.

O sector de poboación a quen está destinado este curso son persoas estranxeiras que necesiten aprender o idioma español, persoas en proceso de arraigo na sociedade española, no contexto administrativo español ou persoas que necesiten preparar as probas de nacionalidade.

O curso, desenvolvido para a biblioteca pola Asociación Diversidades, desenvolverase os martes e xoves, de 09:30 a 11:00, do 5 de marzo ao 11 de xuño de 2019. Trátase dun curso para un grupo reducido de ata 20 persoas, polo que é necesario inscrición previa (de forma presencial na biblioteca, ou a través do teléfono 986337624) e a condición de socio/a da rede de bibliotecas de Galicia.

*Photo by rawpixel on Unsplash


One thought on “Curso de español para inmigrantes

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s