Contacontos: Os ratiños da caixa

os ratinos da caixa 400Xxxx

Este xoves 28 de febreiro ás 18:00 horas temos unha nova actividade dentro da programación da nosa Contateca. Actuará a compañía Trinke-Trinke Teatro, coa función Os ratiños da caixa.

Existe un lugar chamado Lonxedetodo onde viven os ratos e ratiñas de biblioteca. A estes ratos a cousa que máis lles gusta do mundo son os contos (aínda máis que o queixo!). O rato Fuco visita hoxe a biblioteca do Porriño acompañado polos tres ratiños máis novos de Lonxedetodo: Roki, Nuca e Pongo. Son un pouco trastes e non se portan moi ben, polo que, para calmalos, Fuco vailles contar tres contos de ratos, un para cada un.

Nesta sesión presentamos ao gran escritor Arnold Lobel. Os tres bonecos-ratiños desesperan a Fuco e fan as delicias dos máis pequenos coas súas trastadas. Os contos que lles contará son: 

– Contos de ratiños / Arnold Lobel – Kalandraka

– Sopa de rato / Arnold Lobel – Kalandraka,

 

Entrada libre ata completar aforo
Duración: 45 min.
Idade recomendada: 3-7 anos

oratoeosventos3


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s