Xa está aberta a nova convocatoria do premio literario Nortear-Novos Escritores Norte de Portugal/Galicia. Trátase dunha iniciativa conxunta que levan a cabo diferentes administracións transfronteirizas (como a Xunta de Galicia) co obxectivo de promover a aparición de novos escritores e escritoras na rexión, incentivar a produción de obras de ficción e a creatividade literaria.
No premio Nortear poderá participar calquera persoa empadronada na Rexión Norte de Portugal ou Galicia, con idades comprendidas entre os 16 e os 36 anos. As obras serán en formato de relato curto, escritas en galego ou portugués. O premio é de 2.000€, máis a publicación de 500 exemplares da obra premiada e diversas actividades de divulgación.
Se queredes participar neste evento, tedes ata o 30 de abril de 2018 para enviar as vosas obras. Podedes consultar as bases completas deste premio literario neste enlace.