Corazón giratorio, de Donal Ryan (Sajalín Editores, 2019)
Unha novela entretida, maxistralmente zurcida, cunha enorme carga de ironía negra e cuns personaxes estupendamente trazados. “Corazón giratorio” é unha historia composta a través de diferentes historias. Personaxes golpeados polo estalido da burbulla inmobiliaria nun pequeno pobo irlandés. Desemprego, desesperación e urbanizacións pantasmas.
O asasinato de Frank Mahon, un vello malhumorado e maleducado, e o secuestro do pequeno Dylan, conmocionan aos veciños desta poboación pouco habituada a saír nos xornais. A través dos monólogos de vinte personaxes que contan a súa versión do acontecido, emerxe un único e demoledor relato das consecuencias da crise financeira na Irlanda profunda.
Debut literario no 2012 do escritor irlandés Donal Ryan, galardoada con varios premios e nominada ao Booker Prize 2013.