
No apartado “E agora que leo?” poderedes escoller as vosas próximas lecturas antes de visitarnos. Está dividido en dúas partes:
– NOVIDADES: non estamos quietos: incorporamos decenas de novos libros á biblioteca cada semana. A través deste apartado (con acceso directo á información do catálogo) poderes consultar todas as novas incorporacións. Tamén poderes escoller por idioma (galego ou castelán), por idade (adultos ou infantil e xuvenil) e por xénero (novela, cómic, poesía, teatro).
-SELECCIÓNS: as seleccións temáticas que máis éxito tiveron na biblioteca (no futuro traballaremos moito neste tema 😉). Tamén con enlace directo a listaxes no catálogo para saber dispoñibilidade e poder reservalas. Agora mesmo están dispoñibles as seleccións: Buen rollito, Destacados do 2019, Lecturas inclusivas, Para perderse, Biblioterapia, Nenas empoderadas, A mellor novela negra, Libros para entender Galicia, Mozas e latinas, Libros sobre libros, Nova poesía, Destacados do 2018…
Pensamos que esta é unha forma de facilitarvos as cousas e mellorar o servizo. Esperamos que vos resulte útil, amigas e amigos!