Club de lectura infantil

clubelecturainfantil


Actividade:   Club de lectura infantil.
Contido:  club de lectura para os usuarios infantís da biblioteca.
¿Para quen?:  poboación infantil, de 8 a 12 anos.
¿Cando?:   anual, os venres alternos. De 18:00 a 19:30.
Multimedia: fotos


Club de lectura para os usuarios infantís da Biblioteca do Porriño. Trátase dunha actividade encamiñada a que os nenos atopen nos libros o instrumento de desfrute que os anime a ler cada día. Empréganse actividades, xogos, manualidades, etc. relacionadas coa lectura programada para conseguir aumentar a súa comprensión lectora e, ao mesmo tempo, que se divirtan co seu libro.

Cada determinado tempo prográmase a lectura dun libro den concreto, que a biblioteca facilita a cada participante para que o lea na casa. Posteriormente, na biblioteca realízanse actividades relacionadas con ese libro.

Actividade anual para que os nenos e nenas atopen nos libros un instrumento de entretemento.

É unha actividade destiñada á poboación infantil de entre 8 a 12 anos (os adultos teñen á súa disposición o club de lectura de adultos), e requírese inscrición previa xa que as prazas están limitadas a 15 participantes (hai posibilidade de anotarse en lista de agarda para cubrir baixas). O club desenvolve a súa actividade de xaneiro a xuño e de outubro a decembro, todos os venres alternos e horario de 18:00 a 19:30 horas. A coordinadora do club é Corona Rodríguez Pérez, bibliotecaria e especialista en animación á lectura.

Agora estamos lendo: La maravillosa historia de Carapuntada: una criatura casi humana / de Guy Bass

E os libros lidos ata o de agora foron:

  • Historia de una gaviota y del gato que le enseñó a volar / de Luis Sepúlveda
  • Aventuras de la mano negra / de Hans Jürgen
  • El señor Silvestre / de Silke Lambeck

3 thoughts on “Club de lectura infantil

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s