Club de lectura de Adultos

clubelecturaadultos


Actividade:   Club de lectura de adultos.
Contido:  club de lectura para os usuarios adultos da biblioteca.
¿Para quen?:  usuarios adultos, máis de 18 anos.
¿Cando?:   anual, os luns alternos. De 18:30 a 20:00.
Multimedia: fotografías


Club de lectura para os usuarios adultos da Biblioteca do Porriño. Actividade consistente na formación dun grupo de lectores e lectoras adultas que se reúnen periódicamente na biblioteca co fin de comentar e intercambiar opinións sobre os libros.

Cada determinado tempo prográmase a lectura dun libro den concreto, que a biblioteca facilita a cada participante. Cada un lee o libro na casa, pero unha vez á semana, nun día e horas fixadas, se reúnen todos para comentar as páxinas avanzadas dende o encontro anterior. Nestas reunións debátese sobre o que se ten lido na casa, como o estilo literario, a acción ou os personaxes, aínda que é bastante frecuente que a charla acabe derivando cara as vivencias e experiencias propias de cada un dos asistentes. Tamén se realizan actividades paralelas, como visionado de vídeos ou xogos.

O club de lectura permite compartir lecturas comúns e experiencias propias con outras persoas

É unha actividade destiñada á poboación adultos, con máis de 18 anos (os usuarios infantís de entre 8 e 12 anos teñen á súa disposición o club de lectura infantil), e requírese inscrición previa xa que as prazas están limitadas a 15 participantes (hai posibilidade de inscribirse en lista de agarda para cubrir prazas). O club desenvolve a súa actividade de xaneiro a xuño e de outubro a decembro, todos os luns alternos en horario de 18:30 a 20:00 horas. A coordinadora do club é Corona Rodríguez Pérez, bibliotecaria e especialista en animación á lectura.

E os libros lidos ata o de agora foron:

  • 84 Charing Cross Road / de Dai Sijie
  • Covardes / de María Xosé Porteiro
  • Cinco horas con Mario / de Miguel Delibes
  • Balzac y la joven costurera china / de Helene Hanff
  • Amor de tango / de María Xosé Queizán
  • En el tiempo de las mariposas / de Julia Álvarez
  • Intemperie / de Jesús Carrasco

 

 


3 thoughts on “Club de lectura de Adultos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s