Recentísimas novidades de narrativa na biblioteca

novidadesEditoriais

Hoxe entran na biblioteca interesantes novidades de narrativa para adultos. Sabedes que cada semana incorporamos novas publicacións actuais, pero para esta semana queremos destacar principalmente estas:


Las ventanas del cielo
, de Gonzalo Giner (Planeta, 2017)

ventanasA esperadísima nova obra do autor de “O sanador de cabalos”, un escritor que alcanzou cotas de crítica e público moi elevadas con aquela novela, e que repetiría éxito posterior con”O xinete do silencio” ou “Pacto de lealdade”. Trátase esta dunha novela épica e de aventuras que se desenvolve entre España, o norte de África, a ignota Terranova e as máis puxantes cidades europeas nunha época deslumbrante. Na Idade Media houbo quen levantou magnas catedrais, pero foron os mestres vidrieiros quen as converteron nas ventás do ceo.

 


A ferida do vento, de Antón Riveiro Coello (Galaxia 2016)

feridaEn 1978, Antón ten quince anos e, logo de tres meses de internado, volve a Xinzo de Limia coa emoción de ver a súa primeira moza. O avó Mauro, unha persoa peculiar que leva un rexistro dos tolos da vila, agarda por el no cuarto para lle dar unha nova que o deixará abraiado. A partir deste momento, Antón sentirá o peso do mundo e buscará nos personaxes extravagantes unha alianza para as feridas do amor e da vida. Novela de formación, escrita cunha ollada lírica e sensible, onde o autor limiao non só nos ofrece un fresco humano da súa vila, poboada de personaxes memorables, entre os que figura o escritor Carlos Casares, senón tamén a representación exquisita do paso da infancia á adolescencia.


Condenados, de Glenn Cooper (Grijalbo, 2017)

condenados-glenn-cooper-portadaA novela máis ambiciosa de Glenn Cooper desde “A Biblioteca dos mortos”. Máis de 7.000.000 de lectores en todo o mundo avalan a este mestre do thriller histórico. Neste caso, a nova novela do autor estadounidense é unha impactante e sorprendente historia que enfronta a un home e unha muller aos perigos dun lugar onde  a única regra é sobrevivir. Segundo a editorial, podería interpretarse como unha mistura entre o Inferno de Dante, e Xogo de Tronos, nada menos.

 

 


Lo que te diré cuando te vuelva a ver, de Albert Espinosa (Grijalbo, 2017)

espoinosaA nova obra do superventas Albert Espinosa. A quinta novela do escritor barcelonés introdúcenos de novo no seu particular mundo a través dunha narración trepidante, cargada de emoción e vida. O autor constrúe un relato no que un pai e o seu fillo emprenden xuntos unha busca que os levará a enfrontarse co seu pasado. Unha novela que atrapa, chea de valentía e acción, que emocionará e sorprenderá ao lector polo seu estilo orixinal e os xiros inesperados dunha trama única, coo as que nos ten acostumados Espinosa.


Recursos inhumanos, de Pierre Lemaitre (Alfaguara, 2017)

91+erpwzfrLLemaitre é sen dúbida un dos máis grandes escritores contemporáneos e un dos mellores escritores de thriller de todos os tempos. Gañador do Premio Goncourt, tres Dagger Awards, o Premio Best Novel Valencia Negra, o Premio San Clemente, con máis de 3.000.000 de lectores. Agora presenta esta novela, que xa ven debaixo do brazo co Premio de Novela Negra Europea e o Premio SNCF de Novela Negra. Con humor, crueza e realismo brutal, Lemaitre explora o lado máis inmoral do mundo empresarial e os efectos perversos do desemprego en calquera de nós.


A cielo abierto, de Antonio Iturbe (Seix Barral, 2017)

iturbeNovela gañadora do Premio Biblioteca Breve 2017. Iturbe escribe unha novela apaixonante grazas ao coidado equilibrio entre a acción trepidante e a sutil emotividade proxectada pola mirada de Saint-Exupéry sobre o mundo. A novela conta as incribles proezas de tres grandes amigos que marcaron a historia da aviación, e é, ademais, unha homenaxe ao autor do Principiño, un escritor inolvidable que conseguiu ver a realidade con ollos de neno. A historia desenvólvese en Francia, nos anos vinte, onde tres heroicos aviadores abren as primeiras liñas de reparto de correo en rotas inexploradas.


El gato que curaba corazones, de Rachel Wells (Duomo, 2017)

elgatoFenómeno editorial, con 100.000 exemplares vendidos nun mes en Inglaterra. Unha novela que regala felicidade e recorda que a vida sempre depara sorpresas. O protagonista é un gato doce e simpático, Alfie, que ten a capacidade de axudar ás persoas a atoparse a si mesmas. Como a calquera gato, a Alfie encántalle pasarse o día dormitando no sofá, diante da cheminea, pero de súpeto, atoparse só e perdido polas rúas de Londres. Todo cambiará ao chegar a Edgar Road, un lugar cheo de xardíns e preciosas casiñas. Alí demostrará que non é un gato como outro calquera: é capaz de intuír os desexos das persoas e axudalas a reconducir as súas vidas.


No soy un monstruo, de Carme Chaparro (Espasa, 2017)

portada_no-soy-un-monstruo_varios_201702281556A Carme Chaparro todos a coñecemos por ser presentadora de informativos, e agora irrompe como escritora con esta novela, gañando o Premio Primavera de Novela 2017. Nun centro comercial, no medio do axetreo dunha tarde de compras, un depredador actúa, escollendo á presa que está a piques de arrebatar. Nesas poucas liñas, eses minutos de espera, serán os derradeiros intres de paz para os protagonistas dunha historia trepidante, sorprendente, que recrea un relato como si fora un pesadelo, levando aos seus personaxes ao límite. E parece que tamén aos seus lectores.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s