Obradoiros de alfabetización dixital para persoas adultas

alfin07


Actividade: Obradoiros de alfabetización dixital para persoas adultas
Contido: formación no uso das TIC. 3 niveis de coñecemento
¿Para quen?: adultos con poucos coñecementos do uso do ordenador e internet.
¿Cando?: mércores de xaneiro-xuño e outubro-novembro. De 10:00 a 11:30.


Inscricións abertas para os obradoiros de alfabetización dixital para persoas adultas ao longo deste ano, organizados co obxectivo de formar no uso das tecnoloxías da información e a comunicación as persoas maiores en risco de exclusión dixital. Principalmente destinado a adultos, maiores de 50 anos, cun reducido coñecemento sobre o uso do ordenador e de internet, así como cun baixo aproveitamento do acceso á información que se pode manexar coas novas tecnoloxías, que se beneficiarán desta serie de obradoiros personalizados desenvoltos para grupos reducidos (ata 6 persoas por quenda). Nós proporcionaremos portátiles a todos os participantes para a súa aprendizaxe durante a sesión formativa.

Os obradoiros organizaranse ao longo do ano en tres distintos niveis de coñecemento (desde persoas sen ningún tipo de coñecemento – Nivel I – ata persoas con coñecementos moi básicos – Nivel II – e persoas con coñecementos básicos – Nivel III), desenvoltos en varias sesións formativas cada un deles, e nas seguintes datas:

  • nivel 2:
    • Grupo 1: mércores 17, 24, 31 xaneiro e 7, 14, 21, 28 febreiro (09:30-11:00)
    • Grupo 2: mércores 10, 17, 24, 31 outubro e 7, 14, 21, 28 novembro (09:30-11:00)
  • nivel 3:
    • mércores 7, 14, 21 marzo e 4, 11, 18, 25 abril e 2 de maio (09:30-11:00)
  • nivel 1:
    • mércores 9, 16, 23, 30 de maio e 6, 13, 20, 27 de xuño (09:30-11:00)

 

Os temas a desenvolver en cada nivel serán os seguintes:

  • Nivel I: funcionamento básico dun ordenador
    • O rato
    • O teclado
    • Escribir un texto
    • Gardar e organizar a información: arquivos e carpetas
    • Introdución a internet
  • Nivel II: internet
    • Navegar por internet e buscar información
    • Xestións básicas por internet: cita médica, ITV, xestións coas administracións…
    • Descargar documentos e imaxes
    • Gardar e organizar a información: marcadores
    • Aplicacións en internet: youtube, traductor, correo electrónico…
    • Acceso a internet desde o móbil.
  • Nivel III: correo electrónico
    • Crear unha conta
    • Manexo básico do correo electrónico
    • Escribir e recibir mensaxes
    • Crear contactos
    • Ferramentas asociadas ao correo electrónico: calendario e documentos da nube.

Como o resto dos obradoiros de formación no uso das TIC, é necesaria a inscrición previa na biblioteca ou chamando ao teléfono 986337624, así como ter a condición de persoa socia da mesma. Trátase dunha actividade gratuita e as prazas cóbrense por orde de inscrición, tendo preferencia as persoas empadroadas no Porriño. As persoas que non sexan do Porriño entrarán nunha lista de agarda.

Actividade gratuita, para grupos reducidos

Este obradoiro está enmarcado no ciclo de actividades formativas da Biblioteca do Porriño, con un programa que realza a biblioteca como espazo de aprendizaxe e de inserción social. Coa evolución das TIC, e moi especialmente de internet, as necesidades da cidadanía e da forma na que accedemos á información cambiaron. A web está transformando o papel das bibliotecas tradicionais. Deste xeito, faise necesario reorientar os servizos das bibliotecas públicas, pasando de entedelas só como centros culturais a tratalas tamén como centros sociais.

Neste contexto organízase esta programación en tres vertentes (biblioteca animadora e conservadora dos saberes tradicionais; biblioteca promotora e formadora de novos saberes; biblioteca integradora e difusora de ideas), co fin de que a Biblioteca do Porriño se converta nun espazo de aprendizaxe, encontro e inserción social, e co obxectivo de acreditarse como un servizo de relevancia na sociedade actual.


2 thoughts on “Obradoiros de alfabetización dixital para persoas adultas

Deixar un comentario