Novo número do Almanaque Agrícola ZZ

Novo número do “Almanaque Agrícola ZZ”, e xa van 68 anos ininterrompidos desta publicación porriñesa. Recordamos que desde a biblioteca fixemos unha investigación sobre esta singular publicación que podedes consultar neste enlace. Índice da edición de 2020: – Identificación e trazabilidade nos produtos fitosanitarios. – Rescatando anacos do pasado: o Loureiro. – Rescatando un anaco … More Novo número do Almanaque Agrícola ZZ

Nova publicación do investigador porriñés Paz Antón

Incorporamos unha nova obra ao noso fondo local. Trátase de “A tradición oral en Salceda de Caselas“, do investigador porriñés Xosé Ramón Paz Antón, que se achegou á nosa biblioteca para doarnos dous exemplares desta a súa nova publicación. Trátase dun extenso estudo sobre o patrimonio inmaterial do concello veciño, editado pola Deputación de Pontevedra … More Nova publicación do investigador porriñés Paz Antón

Unha biblioteca no Porriño… no 1922?

  Atopamos un interesantísimo documento na nosa Sección Local. Nada menos que unha noticia sobre a creación dunha biblioteca no Porriño no ano 1922. O certo é que a nosa biblioteca finalmente abriríase un chisco máis tarde… no ano 1990, polo que non sabemos si esta nova sería un rumor ou unha posibilidade finalmente frustrada. O … More Unha biblioteca no Porriño… no 1922?

Estudos arqueolóxicos sobre As Gándaras

Aproveitando que estes días estamos moi emocionados cos resultados nas escavacións no Faro de Budiño, compartimos con vós un documento extraordinario do que, sen dúbida, trátase do sitio arqueolóxico máis importante do Porriño, e se cadra tamén de Galicia. Como non, falamos do depósito das Gándaras de Budiño. Trátase da publicación “El yacimiento achelense de … More Estudos arqueolóxicos sobre As Gándaras

Roteiro polos barrios de San Benito e San Sebastián

Este ano celebramos o Día do Libro cunha nova xornada de “O noso patrimonio“, na que coñeceremos un pouco máis e visitaremos os populares barrios porriñeses de San Benito e San Sebastián. Dous barrios históricos da nosa vila que aínda conservan un ambiente de veciñanza, dous barrios que foron o xerme do Porriño como núcleo … More Roteiro polos barrios de San Benito e San Sebastián

Presentación do libro “O Porriño: historia & patrimonio cultural”

  Este xoves 18 de xaneiro, ás 20:00 horas, no auditorio do Centro Cultural Municipal, presentarase “O Porriño: historia & patrimonio cultural“, o novo libro do historiador porriñés Xosé Ramón Paz Antón, con fotografías de Xulio Gil (Engaiolarte, 2017). Recordamos que hai uns días publicamos un post nesta páxina falando amplamente sobre este interesante libro da … More Presentación do libro “O Porriño: historia & patrimonio cultural”